Presupostos e política

Presupostos e política
24 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Positivo que o Concello teña presuposto, moi negativo que non se contara co Partido Popular para nada”. Valoración en Radio Fene do voceiro municipal do PP no Concello, Gumersindo Galego.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Somos o segundo partido máis votado e non tivemos a oportunidade de facer nin a primeira achega”, critica o voceiro do PP. Dos contido dos Orzamentos municipais para 2026 asegura que “basicamente os cartos van a gasto corrente, botamos en falta capacidade investidora dun Concello que tiña débeda 0 e tivo que pedir prestado aos bancos 1 millón de euros”. 

Sobre a política galega, sinala Gumersindo Galego que a moción de censura en Lugo “lexitimamente pódese facer e merecerá a opinión de cada un segundo lle vaia a feira”. E das candidaturas do PP para as municipais indicou que “o que se fai no PP primeiro é designar aos candidatos das sete cidades, en xuño ou xullo, e despois o resto”.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora