Presupostos expansivos

Presupostos expansivos
24 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Presupostos expansivos que medran un 33%. “En moito tempo non tivemos esas expectativas”, di a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, que deu detalles dos Orzamentos para 2025 aprobados esta semana pola Corporación de Fene.

ESCOITA O PODCAST:



“Partimos de 12 millóns dos Presupostos prorrogados e falamos agora de máis de 16 millóns de euros”, destaca a concelleira responsable de Facenda. “Foi un traballo conxunto de todas as concellerías e do funcionariado, houbo moitas partidas a considerar, intentamos axustarnos o máis posible ás necesidades do Concello”, sinalou a concelleira responsable de Facenda, que fixo fincapé na lousa que supón para as arcas municipais o gasto en enerxía da depuradora. Na área de Promoción Económica, o presuposto pasa de 144.000 euros a case 190.000. A concelleira destaca a modificación nas subvencións nominativas que pasan a 26.000 euros e agradece o traballo do persoal municipal para a licitación do contrato de Turismo e o logro dunha subvención da Deputación por importe de 10.000 euros para as actividades que organiza o Concello.



 

Institucional

Publica o teu comentario agora