Presupostos históricos

Presupostos históricos
21 de Abril, 2025 - 04:55 h. | Publicada por Radio Fene

Aprobados os maiores presupostos da historia do Concello de Fene. Superan os 16 millóns de euros. A proposta do Goberno local saíu adiante cos votos do BNG e Esquerda Unida, a abstención do PSOE e o voto en contra do PP. O alcalde, Juventino Trigo, destacou en Radio Fene que os Presupostos municipais apostan pola mellora das condicións de vida da veciñanza de Fene. “Nunca tanto investimento se fixo”.

ESCOITA O PODCAST:

A Corporación de Fene aprobou no Pleno extraordinario celebrado este luns o proxecto de Orzamentos municipais para o exercicio 2025 presentado polo goberno local. Ascenden a algo máis de 16 millóns de euros. Os Orzamentos municipais inclúen investimentos que superan 1,1 millóns de euros e prevén un importante esforzo en nas áreas de servizos, infraestruturas e benestar social

Juventino Trigo destacou que os Presupostos contemplan cuantiosos investimentos nas parroquias do municipio, priorizan as políticas de emprego e a dinamización económica, o benestar social e o apoio ao tecido asociativo, a mellora de servizos públicos e o mantemento de equipamentos e rede viaria. O alcalde agradeceu o traballo feito polas distintas concellerías e o persoal dos servizos económicos na elaboración dos Orzamentos do Concello de Fene para 2025, así como as achegas realizadas polo Partido Socialista. 



 

Institucional

Publica o teu comentario agora