Prevención de incendios

Prevención de incendios
06 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un mes para ter limpas as parcelas. Neste mes de maio hai que dar cumprimento a unha obriga establecida pola lei de prevención de incendios forestais, como lembrou en Radio Fene a concelleira de Medio Ambiente, Cristina García Moroño.

ESCOITA O PODCAST:

Nesta época do ano é o momento de facer labores preventivas pensando no verán e para evitar o risco que incendios na proximidade de vivendas e núcleos de poboación. A concelleira de Medio Ambiente lembrou que ata o 31 de maio hai prazo para o cumprimento voluntario da obriga de xestionar a biomasa nas parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas. Desde o Concello de Fene lémbrase esa obriga ás persoas propietarias nun bando ditado pola alcaldesa, Sandra Permui. Pode consultarse na páxina web do Concello. No caso de incumprimento, a lei establece sancións para os propietarios.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora