Prevención de incendios, patos e augas de baño

Prevención de incendios, patos e augas de baño
20 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Medidas para evitar danos aos patos silvestres, prevención de incendios forestais e preparativos para o baño no mar. Son algúns dos asuntos sobre os que informou en Radio Fene a concelleira de Medio Ambiente e voceira de Esquerda Unida, Mari Carmen Martínez. 

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene lembra a toda a veciñanza a obriga de que os titulares de parcelas ou terreos manteñan as súas propiedades nun estado adecuado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes de rematar o mes en cumprimento da lei de prevención dos incendios forestais de Galicia. Así se recolle nun bando do alcalde, Juventino Trigo, segundo informou a responsable municipal de Medio Ambiente. Deu conta, tamén, da instalación de paneis informativos para garantir a boa saúde dos patos silvestres no parque do río Cádavo e felicitouse pola boa situación sanitaria das zonas de baño de Fene para a tempada 2024. Segundo comunicou a Consellería de Sanidade ao Concello, a clasificación sanitaria é a seguinte: Almieiras, boa. Coído, Maniños e Río Sandeu, excelente. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora