A prevención dos riscos laborais no sector agrario

A prevención dos riscos laborais no sector agrario

03 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza, en colaboración con Unións Agrarias UPA, un curso gratuíto de prevención de riscos laborais no sector agrario. O curso constará de 30 horas e está previsto que se celebre a finais deste mes de febreiro ou a principios de marzo. Todos aqueles que estean interesados en participar deberán realizar a súa inscrición no departamento de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes ou chamando por telé

A metodoloxía que se empregará será eminentemente práctica, priorizando as actividades donde se demostre a adquisición dos contidos. Ademais, axudará a realizar a correspondencia no mundo laboral e encontrar a utilidade ó aprendizaxe. Neste curso promoveranse actividades que emularán situacións frecuentes que se presentan no posto de traballo. Esto aumentará a capacidade de resposta dos traballadores ós continuos problemas cos que se encontran na súa realización diaria. 

Os obxectivos do curso son, entre outros, contribuir a mellorar as condicións de seguridade e hixiene dos  traballadores do sector; mellorar a calidade dos produtos e a súa seguridade alimentaria, mellorar a especialización ou diversificación, a competitividade e modernización do tecido produtivo; fomentar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou das vías non formais de formación; e fomentar a aprendizaxe ó longo da vida e favorecer a cohesión social, especialmente daqueles colectivos que carecen dunha cualificación recoñecida. 

Segundo palabras do concelleiro de Medio Rural, Jesús Pedreira, "este curso ten como obxectivo específico que os asistentes poidan adquirir os coñecementos necesarios sobre as relacións laborais e sobre os riscos laborais para diminuir a siniestralidade no sector agrario"

Sociedade