Previr para non sufrir

Previr para non sufrir
14 de Agosto, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“O coidado emocional é unha materia pendente”. A renuncia de Ricky Rubio a xogar o Mundial de Baloncesto volve poñer sobre a mesa o tema da saúde mental no deporte de alta competición. Abordamos este asunto en Radio Fene co especialista en psicoloxía e educación física José Barcia. “Estase empezando a falar máis abertamente do tema, pero segue a ser noticia logo é que non se normalizou”.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Sempre se fala da pastilla, non se está a falar da prevención, os discursos son sempre a posteriori, aténdese exclusivamente ao trastorno”, advirte o especialista en psicoloxía deportiva que destaca “a importancia de previr para aforrar sufrimento ás persoas”. “Hai que traballar dotándoos de ferramentas para cando estean en situacións de estres, porque na competición sófrese estres, igual que o ten un cirurxián cando vai operar a alguén a vida ou morte”. O estres é inevitable, por iso hai que aprender a manexalo. “A competición xera estres, pero hai que ter en conta que a vida é competición, competimos ao optar a un posto de traballo e mesmo para atopar parella”. Por iso, non hai que evitarlles esa aprendizaxe a nenos e nenas “non permitir que se formen para a vida é quitarlles ferramentas”, advirte. “Traballar desde a prevención, non focalizar tanto na pastilla senón no estilo de vida, educar á persoa no coidado emocional”, son as recomendacións do psicólogo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora