Prezos altos e moita competencia

Prezos altos e moita competencia
14 de Outubro, 2020 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

O polbo está máis caro que outros anos e o seu consumo baixou de forma notoria. A principal competencia é o produto da corrente canario-sahariana.

ESCOITA O PODCAST:

A crise da COVID 19 afectou a todo-los niveles de comercio, pero sobre todo aos máis pequenos que seguen loitando por manterse a frote. A alimentación tamén se resentiu, froiterías ou peixerías ven como o consumo está, actualmente, nunha fase de estancamento.

As peixerías vense un pouco apuradas con todo o que teñen a venta, o consumo non é o de antes, como explican dende a peixería A' Greta, situada en Avenida Naturais de Fene. A pesar de ser tempada de polbo, especialmente agora aínda que en Galicia dáse durante todo o ano, a situación fixo que as vendas baixaran moito. A isto hai que sumarlle o feito de que este ano está máis caro, chegando ao prezo de 16 euros por quilo.

As competencias son altas xa que se pelexa contra o produto do banco canario-sahariano. Este está a superar as ventas do produto nacional xa que o prezo é moi competitivo. Aínda así, dende a peixería A' Greta apuntan que é unha calidade comparable. Pero "posto no prato non é tan doado diferencialo".

Malia todo, o pequeno comercio segue a loitar para que non falte nada nas mesas dos fogares. Dende xurelos ata bacallau, polbo para os que así o desexen. Eles son o sustento de moitas familias. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora