ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A prima de Risco (Isabel) actua este venres en Vilalba cun espectáculo de monólogos no que estará acompañada de Oswaldo Digón. Comezará ás oito e media da tarde no Auditorio Carmen Estevez, dentro do programa de monólogos organizado por R en diferentes localidades.
R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, aposta pola canteira galega do humor e convida aos seus clientes aos espectáculos dalgúns dos monologuistas máis salientables a día de hoxe en Galicia. Trátase dunha serie de actuacións humorísticas que comezaron en maio e se van desenvolver tamén ao longo do mes de xuño en diferentes localidades de Galicia nas que R ten despregado recentemente á súa nova rede de fibra óptica. R pretende, así, arrincarlle un sorriso á xente da man destes profesionais do humor da terra e, ao tempo, darse a coñecer un anaco máis nestas poboacións nas que está a desenvolver os seus servizos avanzados de telecomunicacións.
Para acudir ao evento cómpre dispoñer dalgunha das invitacións que o operador galego puxo a disposición dos seus clientes por rigorosa orde de solicitude e ata completar o aforo da sala.
Os monólogos R forman parte, ademais, do conxunto de accións de comunicación que R desenvolve no contorno do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia para lles achegar as redes de nova xeración ao maior número posible de habitantes de Galicia.