A primavera é tempo de viaxes

As entidades de Fene son moi viaxeiras. Galicia e Portugal son os destinos.
23 de Maio, 2019 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

O mes pasado foi a AVV de Fene, agora a Asociación cultural O Tadetas, o CPS de San Valentín e a Liga de Amigos de Barallobre.

Belesar

O CPS de San Valentín a Padrón

Excursión á feira de Padrón o domingo dia dous de xuño. Sairáse ás nove e media da mañá do CPS de San Valentín. O prezo para persoas socias ascende a sete euros e non socias dez. A data límite de inscrición é o trinta e un de maio. Feira de Padrón, a feira máis grande de Galicia. Organiza o CPS de San Valentín.

Barallobre viaxa á Ribeira Sacra

A Liga de Amigos de Barallobre propónnos para o 15 de xuño unha excursión pola Ribeira Sacra. Con saída ás 8,30h, pararíase en Monforte de Lemos. Despois no Mirador do Duque con vistas panorámicoa do Canón do Sil. Outra parada será a visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas e o pase en catamarán polo río. Tras o xantar visita a unha adega para degustar o viño da zona e volta sobre as 19,30h. O prezo é de 45 euros os soios e 77 os demais. Hai que anotarse no local social ou no tfno 636 624 405. O dia 12 será o último dia. (Na imaxe o pobo de Belesar na Ribeira Sacra)

O Tadetas viaxa a Portugal

Hai prazas ainda. A asociación O Tadetas de Fene organiza unha viaxe a Portugal o mércores cinco de xuño. Caminha e Valença son os destinos con saida de San Valentín ás 7:45h. Visitarán as feiras dos dous lugares, unha á mañá e outra á tarde. O retorno será ás seis. O xantar inclue o arroz de marisco e bacallau. O prezo total será de 27 euros. Sen o xantar, 12€. O pago pode facerse dende mañá venres 24 no local de O Tadetas na escola de Fonte do Campo.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora