ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Outro teito de cristal rachado en Fene. Unha muller sentará por primeira vez no banco para adestrar ao Perlío feminino. A protagonista da noticia é Conchi López coa que conversamos en Radio Fene.

Afeccionouse ao fútbol de nena. Na infancia de Conchi López “practicamente todos os domingos eran de fútbol”. Seu pai era directivo do Barallobre e viaxaba no coche coa familia a ver todos os partidos aló onde xogara o equipo. Leva moitos anos de delegada do equipo feminino e agora ten a oportunidade de dirixilo. Ofrecéronllo, pensouno, escoitou as opinións da familia e aceptou o reto. O obxectivo, manter a categoría recen conseguida “nunha categoría máis esixida, con equipos máis duros”. “Xa o dixo o responsable do club, a premisa é afianzar a categoría, hai equipos moi fortes e outros máis frouxos, o importante é competir e adestrar”, sinala a nova adestradora do Perlío feminino.
Publica o teu comentario agora