Primeira electrolineira

Primeira electrolineira
14 de Xaneiro, 2022 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

Valdoviño xa conta coa súa primeira electrolineira, un punto de recarga de vehículos eléctricos e híbridos enchufables. Está situada no estacionamento da Cooperativa de Vilaboa, a escasos metros da estación de servizo convencional, inaugurada hai 2 anos na parroquia, e dende hoxe xa está operativa.

A iniciativa é posible grazas ao impulso da propia cooperativa que, segundo o seu xerente, José Ameneiros, quere apostar deste xeito pola sostenibilidade e ir un paso por diante, xa que día a día este tipo de vehículos están gañando terreo aos coches con motor de combustión. Ademais, engade que se trata dun novo reclamo para a parroquia. O alcalde, Alberto González, xunto ao xerente e o secretario da cooperativa, Andrés Pita, visitaba onte as instalacións, e poñía en valor a iniciativa. Funciona a través do autoservizo, conta con 2 puntos de recarga, e está dispoñible para calquer usuario. Iso si, os socios da cooperativa poderán beneficiarse de descontos.

Institucional

Publica o teu comentario agora