A primeira fase do Plan Anticrise da Deputación apróbase mañán

A primeira fase do Plan Anticrise da Deputación apróbase mañán

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación de A Coruña aprobará mañá, venres 11 de setembro, a primera fase dun dos “plans anticrise” deseñados polo goberno provincial. Con eles preténdese paliar a difícil situación económica dos concellos e municipios como Ares ou Cabanas beneficiaranse deste plan anticrise.

O plan está destinado a financiar os gastos de reposición asociados ao mantemento de servizos públicos esenciais. A inversión terá unha contía de 10 millóns de euros, e unha parte deses cartos, destinaranse a diversas operacións en municipios da comarca. Así, Ares recibirá 145.787 euros en concepto de reparación e mantemento das vías, Cabanas beneficiarase de 95.748 euros, Cerdido obterá 50.481 euros, San Sadurniño 85.369 e Valdoviño 99.987. Narón é o concello que máis se beneficiará deste plan anticrise e obterá 255.434 euros para a reparación de diferentes rúas nas parroquias do concello.

Institucional