ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Primeira Feira da Primavera en Fene. Organizada pola asociación Arte da Terra que naceu para defender os intereses dos artesáns. Lola Vilar, da marca Pepiña Medias Longas, e Carmen Solano, de Pollito Artesanía, presentaron en Radio Fene este Mercado de Artesanía e produtos locais que se celebrará o sábado 30 de maio.

A Primeira Feira da Primavera xuntará trece postos de artesanía na pista do CCRD de Perlío onde se porán á venda todo tipo de mercadorías, indica Lola. Bixutería, velas, cunchas, madeira, traxes, complementos, serigrafía, pintura, produtos de alimentación…Unha variada mostra dos traballos feitos por artesáns agrupados na asociación Arte da Terra. “Todos os postos diferentes”, anuncia Carmen. De 11 a 21 horas. Para animar a xornada haberá sesión vermú, con música de Tania Redondo, e tardeo, con Fran Nogueira. Tamén polbo para xantar e inchables para que o pase ben a cativada. A cita, o 30 de maio, na pista de Perlío.
Publica o teu comentario agora