A primeira festa Fene Solidario chega en agosto

A primeira festa Fene Solidario chega en agosto

24 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A iniciativa vai encamiñada a recaudar fondos para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (que é quen organiza o evento). A idea xordiu das Xuventudes Socialistas de Fene e conta co respaldo das Concellerías de Xuventude, Ocio e Deporte, ademais da de Igualdade e Benestar Social.

A I Festa Fene Solidario comezará o mércores 5 de agosto, ás cinco do serán, con distintos obradoiros e unha xincana de xogos populares. Tamén se instalarán na Praza do Concello de Fene xogos inchables e, a partir das sete do serán, se celebrará unha merenda popular.

O prezo da entrada a esta I Festa Infantil “Fene Solidario” serán 3 euros. Tódolos beneficios serán destinados á ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui”.

Sociedade