A primeira folga, en 1795

A primeira folga, en 1795

01 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Primeiro de maio é o dia das reivindicacións sindicais, da loita polos dereitos da xente do traballo. A primeira folga documentada en Galicia ocorre no Ferrol de 1795, antes do remate do século XVIII. Os traballadores do Arsenal e as súas familias amotínanse contra a Mariña. O goberno debíalles 5 meses de salario. O conflicto resolveuse en algo máis dunha semana, cando os operarios reciben os cartos adebedados e se aseguran que non haberá repr

A folga, o motín, a protesta acontece en marzo de 1795. As autoridades da Mariña buscan unha solución temporal, ofrecendo percurar cartos para abonar alomentos dous meses dos 5 adebedados. Pero esa promesa non calma os ánimos obreiros. Despois dunha semana de movilizacións, as autoridades militares e relixiosas de Galicia adiantan o diñeiro necesario para pagar os atrasos. O Capitán Xeral de Galicia asina un indulto para os participantes na protesta, condición esixida polos traballadores para retornar aos seus postos.

Sociedade