ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O estaleiro de Navantia en Ferrol acolleu este mércores o acto de posta de quilla da fragata F111, a primeira das cinco fragatas de nova xeración destinadas á Armada, que comezou construírse en abril de 2022. Este fito do programa tivo lugar en presenza do almirante xefe de Estado Maior da Armada, Antonio Piñeiro, e do presidente de Navantia, Ricardo Domínguez, entre outras autoridades.
O acto consistiu na colocación na bancada 2 das instalacións de Ferrol do bloque 311 sobre o que crecerá o resto do buque. Ata a data, 18 dos 33 bloques que conformarán a nova F111 están en proceso de fabricación. A botadura do buque está prevista para 2025 e a súa entrega á Armada en 2028. A entrega do resto de buques terá unha cadencia de 12 meses, ata 2032, data na que a Armada recibirá a quinta unidade. Antes de final de ano comezará a fabricación da F112.
“A F110 é unha panca transformadora para todo o noso ecosistema industrial e tecnolóxico. Se este estaleiro de Ferrol é xa unha referencia mundial en construción de fragatas, este programa vai colocar na vangarda tecnolóxica e industrial, coa próxima construción da fábrica dixital de bloques e do Centro de Excelencia do Xemelgo Dixital”, destacou o presidente de Navantia, Ricardo Domínguez. Segundo as estimacións da empresa, o programa F110 sosterá ao redor de 9.000 empregos durante un período de 10 anos, tendo en conta tanto o emprego directo como o indirecto e o inducido pola actividade económica. Nel participan ao redor de 500 empresas de toda España.
O programa de fragatas F110 contempla a construción de cinco unidades por un valor de 4.325 millóns de euros. Trátase de buques de escolta polivalentes, con capacidade antiaérea, antisuperficie e antisubmarina e podendo operar de forma combinada con outras unidades. Son buques versátiles que poden tamén desempeñar funcións relacionadas coa seguridade marítima e de apoio a autoridades civís.
Publica o teu comentario agora