A primeira pedra

A primeira pedra
22 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Moi necesario” o paso dado para a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Fene, di o voceiro municipal do Partido Popular, Gumersindo Galego. 

ESCOITA O PODCAST:

“Puxemos a primeira pedra, era un compromiso que tiñamos todos os partidos políticos” declarou en Radio Fene o voceiro do Grupo Popular. “O caso é que botara andar porque se precisa en moitos sitios, Fene ten solares, o que non ten é para vivenda unifamiliar”, sinalou. “Penso que menos de catro anos é imposible”, di respecto do tempo que levara a revisión da normativa urbanística “Non se trata de correr nin de facer as cousas con présa, pero hai que darlle axilidade”, sinala. Encauzado o Plan Xeral, para o voceiro do PP ao Goberno local quedalle un reto. “Centro de saúde xa”, di Gumersindo Galego.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora