Primeira xogada, gol contra o Perlío

Primeira xogada, gol contra o Perlío
20 de Decembro, 2022 - 02:41 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío 0-2 Orillamar. Con ese resultado no último partido antes do paréntese do Nadal, a valoración do adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky “non é boa”. Falou do encontro xogado nos Pinares contra as da Coruña no programa A Fenestra de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Unha derrota xusta porque o rival foi moito mellor que nós, sobre todo na primeira metade”, sentencia. O motivo “saímos un pouquiño despistadas e na primeira xogada do partido, no minuto 2, nos meten o primeiro gol, nunha xogada que nos ganan a espalda. E a partir de aí, claro, o rival, coa vantaxe, xogou máis tranquilo, moveu ben o balón; a nós custounos moito e despois, no minuto 20, nun saque de esquina fan o segundo, nunha xogada que rematan bastante solas. Un 0-2 ao descanso, a verdade xusto porque non estábamos xogando nada ben” . “No descanso falamos, intentamos corrixir os erros. A segunda metade o equipo saíu máis metido no partido, foi unha segunda parte igualada, pero na primeira saímos un pouquiño despistadas e iso custounos o partido”. O Perlío remata o ano en undécima posición, con 9 puntos. ”Nos está custando moito, temos unha plantilla moi corta”,  reflexiona o técnico

 

Deportes

Publica o teu comentario agora