Primeiro asalto: O Viladecans gaña ao Universitario (72-70)

Primeiro asalto: O Viladecans gaña ao Universitario (72-70)

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Universitario Ferrol estivo a piques de rozar o ceo no primeiro partido da fase de ascenso á máxima categoria do baloncesto feminino. Por 2 puntos gañoulle un Viladecans que aproveitou a súa profundidade no banco, utilizando a 10 xogadoras fronte ás 8 ferrolanas. O Uni enfrontaráse mañá venres ás seis da tarde ao Arranz Jopisa Burgos.

O sábado ás 8 da tarde o equipo de Chiqui Barros xogará diante do Unb Obenasa Navarra. Para acceder ás semifinais o Universitario deberá gañar os dous encontros que lle restan. 

Deportes