Primeiro partido oficial en campo propio

Primeiro partido oficial en campo propio
02 de Novembro, 2021 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O primeiro gol foi despois dun mal despexe noso, o segundo foi unha volea pola escuadra nun disparo desde fora da área” apunta o adestrador da S.D.Barallobre Óscar Varela. “Despois logramos pechar no seu campo ao Esteiro, pero marcamos o primeiro gol xa moi tarde” indica o técnico. Na Segunda Galicia de fútbol, Esteiro 2 -1 S.D.Barallobre. 

ESCOITA O PODCAST:
S.D.Barallobre

O Barallobre xogará a vindeira fin de semana o seu primeiro partido oficial no campo do Ramo. O estado do terreo de xogo está aceptable, salvo unha zona diante dos bancos, onde aínda está brando e non medrou o suficiente a herba, indica o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora