Primeiro pleno do ano

Primeiro pleno do ano
08 de Xaneiro, 2026 - 02:51 h. | Publicada por Radio Fene

Pleno municipal esta tarde no Concello de Fene. O destino dos cartos para gasto social que recibirá Fene da Deputación, a devolución dun terreo no camiño do Regueiro e varios convenios en materia de reciclaxe e de Policía Local. Son os principais asuntos sobre os que debaterá a Corporación na sesión ordinaria que dará comezo ás seis da tarde, avanzou en Radio Fene o voceiro do BNG e primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Polo.

ESCOITA O PODCAST:

O goberno propón a renovación do convenio sobre a Policía Local que mantén coa Xunta. De feito comunicaralle á Academia Galega de Seguridade que Fene ten dúas vacantes para cubrir logo da recente marcha de dous axentes para que conte con esas prazas na súa próxima promoción de policías locais, explicou Manuel Polo. A Corporación tamén se pronunciará sobre a proposta de retrocesión da cesión dun terreo no Camiño do Regueiro logo de resolver unha discrepancia nunha aliñación na zona.  Outros asuntos que se tratarán son tres convenios coa Consellería de Medio Ambiente para a valorización e xestión de residuos como vidro, pilas e aparellos eléctricos e electrónicos así como o destino dos 224.000 euros fondos do POS+Adicional da Deputación para o financiamento de gasto social que irán principalmente a cubrir gastos dun servizo moi deficitario, o de axuda no fogar.

Institucional

Publica o teu comentario agora