ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Torneo de verán en Fene. O I Trofeo Triangular Concello de Fene disputarase o sábado 10 de agosto. S.D.Barallobre, Cultural Maniños S.D. e C.C.R.D. de Perlío competirán por facerse co trofeo. O concelleiro de Deportes, Adán Chao, informou dos preparativos en Radio Fene
“Estamos moi ilusionados”, manifestou o concelleiro. Coa normativa e os premios xa decididos. A entrada será de balde, “para que poida asistir todo o público, esperemos que haxa bastante afluencia”. No I Trofeo Concello de Fene competirán todos contra todos. O primeiro partido enfrontará ao Barallobre e o Perlío, a partir das 17:30 horas. O Maniños xogará despois contra o perdedor do primeiro encontro. E o gañador do Trofeo decidirase no partido que enfronte ao equipo anfitrión contra o vencedor do primeiro partido.
Ademais do trofeo, o gañador recibirá 700 euros en material deportivo. Para o segundo clasificado destinase material deportivo valorado en 500 euros e o terceiro recibirá 300 euros en material. “Unha forma de axudar aos clubes”, destacou Adán Chao.
Publica o teu comentario agora