ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Patria potestade e custodia non son o mesmo. Salvo casos extremos, a patria potestade mantense aínda que se perda a custodia. Este é un tema que suscita moitas consultas nos Servizos Sociais do Concello de Fene sobre o que falou a asesora xurídica Susana Martínez Galdós

Cando se rompe unha parella con fillos débese dar prioridade sempre ao benestar dos menores. Sempre que se poida, o idóneo é a garda e custodia compartida, aconsella a asesora xurídica dos servizos sociais de Fene, Susana Martínez Galdós. “O que pido e intento transmitir é priorizar aos nenos por riba de todo”. Explicou, entre outras cousas que no Dereito Civil de Galicia non, pero nos de outros territorios si se contempla a garda e custodia compartida como primordial, “aquí non pero as sentenzas din que imos por ese camiño”, sinalou a letrada. Pola súa súa experiencia opina que “por moito que diga un xuíz se non hai acordo entre pais e nais é moi difícil de levala á práctica”.
Publica o teu comentario agora