ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Se houbese que definir prioridades para o tren en Galicia, a mellora do tramo Ferrol - A Coruña estaría no comezo da lista, afirma o escritor Antón Baamonde no seu libro Galicia, distrito industrial. Fronte a esas necesidades, todo parece enfocarse para mellorar a conexión con Madrid. Madrid se ten conformado como una cidade global, planetaria para Baamonde.
Para rachar coa desesperanza, o tramo Ferrol- Betanzos- A Coruña precisa dunha acción decidida, non só para mellorar a liña, senón para substituír o actual trazado e poñelo á altura das necesidades do século XXI. Esa conexión entre as dúas cidades e as súas áreas metropolitanas serviría para dar forma a un novo polo urbano cun brazo en Lugo. A creación do que Albalat chamou Cidade das Rias significaría un enorme salto adiante tanto para A Coruña como para Ferrol, que abriría un capítulo novo no libro de Galicia.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora