ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Prisciliano convertiuse nun dos personaxes máis senlleiros da historia de Galicia, segundo o teólogo Xosé Chao Rego. A súa figura, tan mítica coma descoñecida, convertiuse no primeiro mártir victima da igrexa. A súa aureola enche o século IV e V. Representa a resistencia contra a Igrexa entregada á política do emperador Constantino.
Coa súa morte medrou o priscilianismo e dous séculos despois chegou a Dumio en Braga, San Martiño, coa idea de rematar cos seus seguidores. Algúns autores insisten na posibilidade do culto clandestino aos restos de Prisciliano, que poderían repousar na mesma catedral de Santiago de Compostela. O profesor da Universidade da Coruña Xosé Carlos Santos disertará ás sete desta tarde sobre Prisciliano no salón de actos do vicerreitorado en Esteiro en Ferrol. Abrense así as II Xornadas de Historia de Galiza organizadas pola sociedade cultural Medulio e que se prolongarán todos os venres ata o 15 de maio.