ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Privatizar a caixa galega significa espoliar definitivamente o aforro deste pais" afirmou esta mañá en Ourense o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego Guillerme Vázquez. O representante do BNG salientou que esa decisión responde aos "intereses da gran banca española e do FMI pero non aos intereses da xente"
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, envioulle hoxe unha carta ao presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao secretario xeral do PsdeG-PSOE, Pachi Vázquez, para proporlles un encontro co obxectivo de consensuar unha posición galega para facerlle fronte á decisión do Goberno Central de privatizar a caixa galega.
Guillerme asegurou esta mañá en Ourense que “a decisión do Goberno central de privatizar e bancarizar as caixas é unha decisión política, non técnica, e polo tanto é necesario dar unha batalla política”. “E aí -subliñou- demandamos que exista unha posición galega, de país, onde dende logo deberían participar as forzas políticas, sindicais, sociais, e tamén os medios de comunicación”.
Neste sentido, anunciou que “hoxe mesmo remitiremos unha carta ao señor presidente do Partido Popular e ao secretario xeral do Partido Socialista de Galicia para ter un primeiro intercambio de ideas e posición sobre o que pensa cadaquén fronte a esta decisión do Goberno Central”.
“Hai que moverse porque os prazos estanse acurtando”
O portavoz nacional do BNG animou aos partidos políticos galega a “moverse porque os prazos estanse acurtando”. Guillerme lembrou que “dende o BNG vimos demandando ao señor presidente da Xunta, que é a quen lle corresponde tomar esta iniciativa, pero como vemos que ninguén a toma ímola tomar nós”.
Neste sentido, confiou en que a carta remitida hoxe “sexa consideración polas demais forzas políticas e que polo menos nos permita unha primeira toma de contacto onde cada forza política galega plantexe as súas solucións fronte a este intento de espoliar definitivamente o aforro deste país”.
O BNG está en contra de privatizar a caixa galega
O portavoz nacional do BNG volveu denunciar que “dende o Goberno Central volve haber un intento absolutamente descarado de privatizar a caixa galega”. “Non o conseguiron o pasado ano e agora o Goberno cambia as regras do xogo para intentar que a caixa desapareza para entregarlla aos bancos e, en consecuencia, para espoliar o aforro galego”, advertiu.
A este respeito, subliñou que “o BNG está totalmente en contra desta decisión política que responde aos intereses da gran banca española e do FMI pero non aos intereses da xente”.
“Non nos podemos resignar fronte ás decisións que pretende tomar o Goberno Central, temos que dar unha batalla política para impedilo”, concluíu.