Privilexiada situación para o kaiak de mar

Privilexiada situación para o kaiak de mar
04 de Agosto, 2021 - 01:33 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Cabanas, a través da área de deportes, organiza en colaboración co Club KDM a Regata de Kaiak de Mar de Cabanas, que terá lugar na Praia da Madalena este domingo, 8 de agosto. Semella que todas as especialidades do piragüismo están de moda, tras a medalla de prata lograda por Teresa Portela nos Xogos Olímpicos de Xapón. 

Kaiak de mar en Cabanas

Durante a mañá terá lugar o Campionato Galego de Infantís de Kaiak de Mar, e xa pola tarde será a quenda das categorías sénior, júnior e veteranos tradicionais na primeira saída, e dos cadetes e SUP na segunda. "Coa celebración desta regata Cabanas segue a consolidarse como o escenario axeitado para o desenvolvemento de probas deportivas, nomeadamente do kaiak de mar, grazas á súa privilexiada situación", sinalaron fontes municipais. As persoas participantes, chegadas de distintos puntos do país, xogaranse a Copa Galicia e os trofeos do Campionato Galego de Infantís.

Deportes

Publica o teu comentario agora