Proba piloto

Proba piloto
01 de Xuño, 2021 - 08:49 h. | Publicada por Radio Fene

Un tempo espléndido acompañou á directiva da asociación Por máis vida. Iniciaron o pasado sábado o camiño inglés de Ferrol a Santiago de Compostela. Nesa xornada cubriron os vintesete quilómetros que separan o porto de Curuxeiras do Torreón dos Andrade en Pontedeume. Participaron as sete integrantes da directiva, como proba piloto para poder realizar nos vindeiros meses a mesma ruta, pero nunha experiencia aberta a todas as persoas asociadas e amigas da entidade. Para realizar o Camiño de Santiago, é necesaria a preparación previa. No caso da directiva da asociación Por máis vida, realizaron o adestramento cada unha ao seu ritmo, segundo a vicepresidenta Chiqui Rodríguez. 

ESCOITA O PODCAST:
Xunta directiva da asociación Por máis vida

O tempo soleado acompañou a primeira etapa do camiño. Por máis vida fai a advertencia dun punto perigoso, xa que se cruza a Nacional Sexta nun lugar no que a estrada conta con tres carrís. Nunha zona de Laraxe, nas proximidades da Escola Laica, os automóbiles poden circular a unha velocidade de ata 90 quilómetros por hora. Hai tres carrís na Nacional 651. É bastante perigoso. O próximo sábado percorrerán o camiño entre Pontedeume e Betanzos. Farán entre 3 e catro etapas.  A asociación Por máis vida quere recuperar as súas actividades de pilates, obradoiros e charlas. Este ano desistiron de organizar a andaina que sempre celebraban no mes de xuño. Pero teñen interese por retomar en canto se poida a actividade e incluso contan con poder materializar novos proxectos. 
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora