Problema no xeonllo dun xogador do Eume

Problema no xeonllo dun xogador do Eume
27 de Marzo, 2023 - 10:57 h. | Publicada por Radio Fene

"Doulle as grazas a Jaime, Brais e Rubén, xogadores do filial que viñeron botarnos unha man e demostraron que teñen gañas e calidade" indica o adestrador do Cultural Maniños Pablo Mesa. "Deséxolle tamén unha rápida recuperación ao xogador do Eume Pociña, que tivo un problema co xeonllo no transcurso do partido, e felicito aos meus xogadores polo traballo e esforzo realizados" apunta o técnico.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Na Primeira Galicia de fútbol, Eume 4 - 2 Maniños.  Os goles do Maniños foron obra de Pablo Rivera e Iván Amigo. 

Deportes

Publica o teu comentario agora