ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Neda e Veolia impulsan un subministro alternativo de auga potable en tanto non se poida restablecer o servizo no conxunto da localidade. Xa está operativo na contorna do centro de saúde do municipio un camión cisterna para o reparto de auga entre a veciñanza afectada polos cortes no abastecemento derivados da situación de seca. As persoas aboadas que quedaron sen auga a tarde do martes poden achegarse a encher as súas garrafas. Os veciños e veciñas que, polo motivo que sexa, non poidan achegarse ata Albaron, deben chamar ao teléfono municipal *689028675* (ou ao*659684435) para recibir no domicilio a auga envasada que repartirá o Concello.
Os problemas de auga aumentaron xa o domingo pola tarde en Neda. Unha avería eléctrica interrumpiu o bombeo ao depósito municipal. O Belelle tamén deixou de aportar auga á Estación de Tratamento de Auga Potable. O suministro alternativo desde Narón é insuficiente. A empresa concesionaria do servizo Veolia tirou unha tubaxe na zona da curva do Bargo, entre Fene e Neda, para que entre máis auga na localidade. En Neda, prohibese facer baldeos, regar xardíns, lavar o coche na casa e calquera uso non esencial.

Publica o teu comentario agora