ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Propoñémosvos hoxe, neste episodio de “Empeza por ti”, unha visita a Moeche, unha terra de leite e de queixos. Atopamos alí a granxa Lavandeira, especializada na cría de vacas para a produción de leite ecolóxico.
A granxa Lavandeira é unha desas iniciativas locais que son o exemplo a seguir para cumprir moitos dos obxectivos da Axenda 2030, porque apoiar unha produción de cercanía, ecolóxica e de calidade e o camiño non só para respectar o medio ambiente cunha produción acorde co tempo e o espazo, tamén o é para fixar poboación nos territorios, porque permite crear formas de vida e supervivencia e tamén, como non, porque o coidado animal e da contorna é un imprescindible neste xeito de produción.
Pilar Carrodeguas e Xose Luis Pena empezaron cunha granxa de leite, déronse conta de que potenciar o quilómetro cero e a produción ecolóxica era un xeito de coidar a súa propia industria láctea. Coidan e queren darlle máis valor ao produto, bon exemplo diso é o seu requeixo, leite callado escorrido, que só producen cando é no seu tempo, cando Pilar e Xosé teñen a certeza de que a calidade é a que ten que ser, cada cousa no seu momento. Pilar bota en falla que, en comparación con outras zonas de Europa, a nosa poboación aínda non valore moito o produto natural, coidado e con métodos tradicionais.
A produción en ecolóxico demanda unha explotación pequena pero, iso si, ten que ter terreo, xa que isto permite que as vacas están menos forzadas, teñen espazo para se moveren e poder estar ao aire libre, nunha granxa co gando estabulado, podes meter un feixe de vacas e darlles caña e producir. Pero iso non é o que eles queren, son fieis amantes do rural. Uns lugares con calidade de vida, todo se fai ao aire libre. Con certa flexibilidade nos horarios.
Son a representación dun sector agro gandeiro responsábel que coida a nosa contorna e isto redunda nunha produción e consumo responsable.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora