ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Dar a coñecer a ostra rizada a establecementos de hostalaría e consumidores. As confrarías de Barallobre e Pontedeume aliáronse no proxecto Ostra do Ártabro do que falou, entre outros temas, en Radio Fene o patrón maior da confraría Santiago Apóstolo, Jorge López.

Fene acolleu unha das xornadas de degustación da Ostra do Ártabro que se celebrou na carpa que ten instalada o Concello na praza do Alcalde Souto. O patrón maior explicou en Radio Fene que traballan para ampliar os produtos que comercializan, algúns pouco coñecidos como a ostra rizada. Para dar a coñecer os seus valores nutritivos, o sabor e como preparala organizan xornadas como a celebrada en Fene, na que se ofreceu degustación do produto en conserva e tamén en fresco. Colaboraron na iniciativa Paula Patiño, mestra artesá de ACastrexa, e Nair González, profesional de cociña do restaurante Muelle 43. O proxecto prevé outra xornada que se celebrará a finais de agosto. Tamén anunciou Jorge López que a vindeira semana a Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre presentará a Festa do Marisco.
Publica o teu comentario agora