Produtos de calidade a un prezo módico en Fene

Produtos de calidade a un prezo módico en Fene

11 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vinte establecementos de roupa, agasallos, electricidade e alimentación ocuparán os 600 metros cadrados da carpa instalada na Praza do Concello de Fene. A Asociación de Comerciantes O Cruceiro indican que se ofrecerán produtos de calidade a un prezo módico. A Feira Outlet celebra a súa II edición, tras o éxito do pasado ano.

A Outlet de Fene desenvolveráse mañá domingo e dispoñerá dun servizo de ludoteca e de xogos para os pequenos e pequenas. Prestaráse de xeito gratuito durante unha hora no Safari Park. A feira abrirá as suas portas en horario ininterrumpido de 10 da mañá a 9 da noite.

A Feira tamén implica a hostelería de Fene. Aos visitantes da carpa instalada na Praza do Concello se lles repartirá un folleto ilustrativo cos 12 establecementos que participan na promoción. Ao longo dese dia, bares, cafeterías e restaurantes colaboran con promocións especiais.

A iniciativa abre as súas portas mañá domingo entre as dez da mañá e as nove da noite. Unha carpa instalada na Praza do Concello de Fene acollerá aos 20 establecementos participantes.

Sociedade