Produtos de proximidade en forno de pedra

Produtos de proximidade en forno de pedra
30 de Decembro, 2021 - 09:37 h. | Publicada por Radio Fene

"Utilizamos produtos do noso campo, cun forno de pedra e temos carnes á brasa, empanadas e polo" afirma Pablo Pardo de Melucha Flor, un establecemento situado na praia de Coído en Limodre (Fene). "Plantamos 400 pés de tirabeque e tomate, pero cremos que a agricultura ecolóxica está pouco valorada a pesar das enormes posibilidades que hoxe existen para comercializar os produtos de proximidade" indica o antigo xerente do restaurante A Cándida de Canido en Ferrol. "A satisfacción de comer o teu propio produto, que sabes de onde sae e viches como medrou".

ESCOITA O PODCAST:
Pablo Pardo, de Meluchaflor

"Preparamos unha zona de lecer arredor da natureza e temos clientes da Cándida que continuan connosco" apunta Pablo que tamén destaca o sabor que se logra co forno de pedra: "Utilizamos unha técnica para facer as cousas a baixa temperatura durante un longo periodo de tempo, iso fai que as fibras da carne non se rompan e conserven todo o seu sabor, só no último momento daslle calor para o último toque". Comida para levar que hai que ir buscar á praia de Coído en Limodre. Encargas no 629476691 ou en meluchaflore@gmail.com

Sociedade

Publica o teu comentario agora