ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Produtos pesqueiros e gastronomía tamén teñen protagonismo nesta xornada. Por un lado, recibimos en Fene a campaña Galicia sabe a mar. Mentres, a Confraría Santiago Apóstolo de Barallobre levou ata Santiago de Compostela, ao Mercado de Abastos, a promoción dos produtos da ría. Iniciativas que saudou a concelleira de Promoción Económica de Fene, Ángeles Coira.
“No Concello somos os primeiros en apoiar estas iniciativas para a posta en valor do produto pesqueiro e marisqueiro e o recoñecemento ás persoas que traballan no sector”, sinala a concelleira de Promoción Económica.
Unha foodtrack da Consellería do Mar achegouse a Fene para ofrecer degustacións de petiscos elaborados con produtos da terra e do mar. Como mexillóns e fabas de Lourenzá. Está estacionada na praza do Concello e atende ao público de doce a tres e pola tarde de cinco a oito. A visita da confraría ao Mercado de Abastos de Santiago, o segundo lugar máis visitado da cidade despois da catedral, enmarcase na intensa campaña que leva a cabo para promocionar os mariscos da ría.
Publica o teu comentario agora