ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Homenaxe en Fene aos Caricaturistas de Profesión. O Museo do Humor Xaquín Marín acolle desde mañá unha exposición con ese título da que é comisario Iván Mata Tamayo, que foi o gañador do Premio Curuxa Caricatura 2024.

Caricaturistas de Profesión mostra unha selección da obra de dez reputados caricaturistas de prensa contemporáneos: Agustín Sciammarella, Carlos Rodríguez Casado, David García Vivancos, Ernesto Priego, Iván Mata, María Picassó, Matías Tolsá, Raúl, Thorsten Rienth e Turcios. A mostra compila cincuenta obras, a razón de cinco por participante, baixo a premisa de seren “as que considera cada artista que mellor definen a súa arte ou son significativas na súa traxectoria artística”. Inaugurase ás sete da tarde cun faladoiro no que participarán o propio Iván Mata Tamayo, Ernesto Priego, e os gañadores do Premios Curuxa Caricatura 2025 e 2026, David García Vivancos e Matías Tolsà. A exposición poderá visitarse no Museo do Humor Xaquín Marín ata finais do mes de outubro.
Publica o teu comentario agora