Profesores insubstituíbles

Profesores insubstituíbles
17 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Agora que comeza o curso xorden voces que cuestionan o papel das novas tecnoloxías no ensino. Hai docentes que expresan preocupación polos riscos da intelixencia artificial. O psicólogo José Barcia lembra que tamén o nacemento da imprenta provocou, no seu día, receos, aínda que supuxo “un avance extraordinario, democratizou a cultura”. “O mesmo pasa agora coa tecnoloxías”. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Hai sociólogos que ven inviable substituír a un profesor por unha pantalla porque a súa función é transformadora”, lembra Barcia. Por iso, recomenda aos docentes “actualizarse e buscar maneiras para que os contidos cheguen ao alumnado”. Os docentes deben facer un esforzo para adaptarse aos cambios que xa están aquí. Actualización necesaria para evitar o risco do que alerta Bill Gates. O gurú das novas tecnoloxías ten advertido de que algúns profesores de secundaria acostumados a actuar so como meros transmisores de información poderían chegar a ser substituídos por un “holograma ou un vídeo”. O problema pode aparecer “cando o profesor ve un inimigo na tecnoloxía ou o ego lle impide recoñecer que necesita actualizarse”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora