Promoción de Fene

Promoción de Fene
31 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene convocará un concurso de decoración de fachadas e balcóns con motivos do Nadal. Esta é unha das iniciativas nas que traballa a Concellería de Promoción Económica que dirixe Ángeles Coira, que informou dos seus proxectos en Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

O concurso de decoración de Nadal terá dúas modalidades, vivenda unifamiliar e balcóns de edificios. En breve publicaranse as bases. Recóllese así unha proposta cidadán, destacou a concelleira que tamén confirmou a celebración dunha nova edición da festa para a noite de fin de ano. Informou, ademais, sobre Fene 1941. Unha iniciativa que desenvolverá o Concello de Fene para a posta en valor do noso patrimonio e a promoción turística. A concelleira tamén mostrou a súa satisfacción pola decisión de Correos de dedicarlle un selo especial á Violonchelista de Fene, pintada por Sfhir na primeira edición do Perla Mural Fest e gañadora do premio a Mellor Mural do Mundo no ano 2023.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora