ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
No ámbito hostaleiro, o CMIU Fene ofrecerá unha promoción especial para o Outlet da vindeira fin de semana consistente nunha ración de 10 aliñas de polo barbacoa con patacas a 5 euros. Arrecendo Galego organizará sorteos presenciais de cestas e vales para ceas o venres e sábado ás 21:30 h aproximadamente.

Esta fin de semana regresa unha das citas máis agardadas do comercio local: o Outlet Fene, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de setembro, organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación “O Cruceiro” e coa colaboración da Deputación.
O evento desenvolverase en horario de venres e sábado de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e o domingo só pola mañá. Será unha excelente oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos moi rebaixados, ademais de desfrutar dun ambiente festivo, con animación e decoración especial nos comercios.
Os establecementos participantes nesta edición serán: A Tenda Agasallos, Arrecendo Galego, Berline Boutique, Bualá, Cafetería CMIU Fene, Calzados Locay e Cáprica Cómics. Participan tamén Costuras, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia Fene, Koralli Boutique e Lencería Loly Calvo. Asimismo estarán no outlet, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Mi Pachu e Un Pedacito de Mi.
A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, salientou que o Outlet Fene é “un escaparate perfecto para apoiar ao comercio de proximidade e dinamizar o concello. É unha oportunidade para que a veciñanza e visitantes poidan descubrir todo o que ofrecen os nosos establecementos, con descontos moi atractivos e nun ambiente festivo”.
Imaxe: Outlet en Fene. 2022.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora