Propietarios forestais denuncian sentirse “atrapados e abandonados” ante a paralización das UXFOR

Propietarios forestais denuncian sentirse “atrapados e abandonados” ante a paralización das UXFOR

27 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

“Loitamos pola xestión conxunta dos nosos montes”. Con esta frase comeza o manifesto fundacional da Plataforma en Defensa das Unidades de Xestión Forestal (UXFOR), onde se agrupan unha vintena de organizacións que teñen obxectivo común de reverter a situación de parálise administrativa na que se atopan moitos terreos. Os impulsores deste colectivo reclaman unha resposta inmediata da Xunta e piden unha entrevista co Va

A Consellería do Medio Rural do Goberno bipartito puxo en marcha as Unidades de Xestión Forestal, coñecidas coma Uxfor, co fin de loitar contra o minifundismo. Consisten na unión de distintos propietarios forestais, con superficies contiguas superiores a 15 hectáreas, para así crear crear espazos de maior tamaño nos que aumentar a rendibilidade do monte e loitar contra os incendios. Coa chegada do novo Executivo paralizáronse os proxectos xa en marcha. Un dos exemplos máis claros atópase en Chantada, na UXFOR Fonte das Meigas, do que falou en Radiofusiòn Olga Otero. Nun ano conseguiron unir 4.000 hectáreas de numerosos propietarios que se atopan repartidos por distintos puntos do planeta e pór en marcha traballos de silvicultura, plantación de árbores autóctonas ou trazados de camiños. Olga Otero denunciou que na actualidade o proxecto se atopa “abandonado” e tampouco poden volver a situación inicial dos terreos.

O director xeral de Montes da Xunta de Galicia, Tomás Couto, prometeulles aos representantes da Plataforma que recibirían unha resposta administrativa sobre o estado actual das Unidades de Xestión Forestal, pero, de momento, non cumpriu o seu compromiso. Os propietarios dos montes pediron tamén unha entrevista co Valedor do Pobo, ao entender que son “cidadáns atrapados nun proceso paralizado”.

Sociedade