Propoñen o irmanamento cunha vila de Lituania

Propoñen o irmanamento cunha vila de Lituania

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibiu esta mañá na Casa do Concello, a alumnos e alumnas de Lituania e Polonia que están pasando uns días no municipio a través dun intercambio con alumnos do IES Maruxa Mallo dentro do proxecto Comenius da Unión Europea. Na recepción no salón de plenos, o primeiro edil interesouse pola estancia destes alumnos e as súas profesoras no municipio, así como lles mostrou o seu interese polos seus país

Regos entregou unha carta dirixida ao seu homónimo lituano, así como tamén anunciou que na visita que os escolares ordenses farán a Polonia o próximo mes de xuño, tamén enviará a mesma proposta para o alcalde do municipio polaco de Pszczyna.

Durante o acto, Manuel Regos, fixo entrega tamén dun agasallo para os mestres e alumnos europeos, á vez que lles explicou os principais atractivos e características do municipio ordense. Tanto alumnos como mestres lituanos e polacos mostraron a súa gratitude polas palabras do alcalde, así como entregaron tamén unha serie de obsequios característicos do seu pobo para o Concello de Ordes.

En total son 10 os alumnos que chegaron o pasado venres ao municipio para pasar aquí unha semana, 4 de Druskininkai en Lituania e os 6 restantes do pobo polaco de Pszczyna, acompañados de 6 profesoras.

A través deste intercambio escolar, enmarcado dentro do proxecto Comenius que financia a Unión Europea, alumnos do IES Maruxa Mallo viaxaran xa o pasado mes de novembro a Lituania, e agora a finais do mes de xuño outro grupo de alumnos do mesmo centro ordense viaxarán a Polonia.

Sociedade