Propoñen retirar a bandeira da Unión Europea das Institucións

Propoñen retirar a bandeira da Unión Europea das Institucións

15 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A deputada do BNG, Ana Pontón fai un chamamento á participación da  cidadanía galega nas mobilizacións previstas para esta semana e a vindeira  en defensa dun “trato humanitario e xusto” aos refuxiados e refuxiadas. A parlamentaria do BNG, Ana Pontón cualificou de “indigno” a trato ás persoas refuxiadas e a afirmou que  a Unión europea está a vulnerar os dereitos humanos e a legalidade internacional ad

A parlamentaria considera que a retirada das bandeiras da U.E é unha medida máis de presión fronte unha política que vulnera a legalidade pero tamén “a xustiza, a humanidade e os valores que deben impregnar calquera sociedade democrática”. As políticas imperialistas dalgúns países da propia Unión Europea e de EE.UU, recalcou a deputada, “arrasan poboacións enteiras e provocan un drama humano inaceptable á altura do século XXI”.
O grupo parlamentario do BNG mantén nos seus escanos un cartaz baixo o lema “NON AO ACORDO DA UNIÓN EUROPEA E TURQUIA PARA EXPULSAR ÁS PERSOAS REFUXIADAS”

Sociedade