ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A instalación da rede de drenaxe do camiño do Piñal e de Limoeiros en Maniños, que verten auga e pedras cando chove sobre a estrada da Palma. O camiño da Fonte, en Limodre, e o aglomerado da Fonte Nova ao Camiño do Redondo. Son tres obras que o PSOE quere que o Concello de Fene inclúa no POS complementario do mes de maio, segundo declarou esta mañá o voceiro socialista Joaquín Ayala.
Piden tamén os socialistas actuacións para mellorar a praza do Parque Verde en Perlío; a recuperación para o tránsito de persoas da senda peonil da rúa Tras do Cádavo habitualmente ocupada por coches aparcados, e a reparación da escalinata que dá acceso ao Parque do Pallaso desde a Avenida Naturais.
Congreso do PSdeG
A agrupación socialista de Fene celebrou xa o pasado domingo a asemblea para elixir aos seus delegados no Congreso do PSdeG-PSOE que se celebrará o 8 e 9 de marzo. Son catro os representantes que enviará ao Congreso, encabezados polo propio Joaquín Ayala, que defenderán as emendas propostas ao relatorio e aos Estatutos polos socialistas feneses.
Publica o teu comentario agora