ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un centro de día para as persoas maiores e máis servizo de axuda a domicilio. Todas as candidaturas que se presentan ás eleccións municipais en Fene coinciden nesa necesidade. PP, BNG, PSOE, EU e Compromiso por Galicia debateron onte á tarde no salón de plenos da Casa do Concello de Fene no acto organizado por Radio Fene.

A xente tiña interese polo que tiñan que decir as candidaturas ás eleccións municipais do domingo en Fene. O público seguiu con interés no salón de plenos da casa do concello o debate dos cinco arredor de diferentes bloques temáticos. Saíron á luz moitas propostas xa coñecidas por adiadas no tempo, como salvar a vía do tren en Perlío, a auga a Magalofes, a vellísima idea da Ronda Oeste, acabar a Casa de Cela ou a necesidade do Centro de día para as persoas maiores. Por suposto Navantia estivo presente. Pero se nos fixamos en novas ideas, ou en ideas máis arriscadas por parte das diferentes candidaturas podemos apuntar estas: Potenciar o centro de FP, crear unha rede de Voluntariado, mercar e recuperar o cine Adriano, un Plan de ruínas, un parque de autocaravanas. Consultas de pediatria polas tardes, facer de Fene un espazo libre do maltrato animal ou un convenio coas sociedades para regularizar o apoio á súa actividade. Albergues de iniciativa pública ou privada para satisfacer as necesidades do camiño inglés ao seu paso por Fene foi outra das novas ideas expresadas no debate de onte á tarde. Unha liña verde, unha App para emerxencias ou unha banda ancha do Camiño completan as propostas programáticas das candidaturas fenesas. O debate retransmítese esta mañá de 9,30 a 11 horas a través da Frecuencia Modulada, no 107.7 e por suposto xa se pode escoitar a través da nosa páxina www.radiofusión.eu.
Comentarios
Oque máis me gustou foi
Publica o teu comentario agora