ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Papa León XIV alerta dos riscos da Intelixencia Artificial na súa primeira Encíclica chamada “Magnifica Humanitas”. Di que hai que desarmala. “Regular algo que cambia tan rápido é complicado”, comentou en Radio Fene o psicólogo José Barcia Tuccelli.

“Coa IA non se discute”. Advirte Barcia Tuccelli sobre a posibilidade de que “nos aloxemos da nosa relación cos seres humanos, que normalicemos relacionarmos máis coas máquinas que coas persoas”. Menciona tamén algúns outros riscos como a des información ou a recollida de datos que poden ser empregados para influírnos ou suplantar a nosa identidade. É indiscutible que hai que regular, pero a tecnoloxía facilita a vida e permite seguir progresando. No seu haber destaca os avances en campos como a medicina ou a educación. “Máis ben temos que aprender a coexistir con ela”, apunta Barcia Tuccelli.
Publica o teu comentario agora