ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
María Dominga Tenreiro García naceu en xaneiro de 1900 e morreu en decembro de 1993. Vaticinou o día exacto da súa morte, un venres, sen que ninguén dubidase de que acabaría cumpríndose a súa visión premonitoria, que se cumpriu tal como ela vaticinou, sentada na cama ao lado dalgúns dos seus seres máis queridos. E a data do seu nacemento tampouco admitía dúbida. O que xa resultaba máis discutíbel era que iso significase nacer co século, como ela sempre dicía. Porque, en que ano empeza un século? No 0 ou no 1?

Allea a estas disquisicións bizantinas, María Dominga dicía a todo o mundo e todo o mundo dicía dela que nacera co século. Quizais fose esta a frase máis repetida do seu repertorio de frases repetidas, entre as que destacaban “pasei moitos traballos”, “traballando de sol a sol”, “unha vida de penurias”, “tantas mortes a destempo”, “tantas mortes a traizón”, “co meu home sempre enfermo, de cabeza e corazón”, “un mal parto”, “catro fillos e dúas fillas, que parín soa e con dor, que aleitei cos meus dous peitos”, “que criei soa se sen axuda”, “e soa fun quen dixen non”. “Fala comigo xa morta” e “por aquí pasou unha guerra” eran outras das súas frases máis repetidas.
Retrato dos personaxes da árbore xenealóxica familiar da novela "Madriña" de Antonio Tizón, que se publicará a finais de 2025. Voz de Manuel Torrente. Dirección e montaxe de Eugenia Sanmartín. Fotografía Xan Xe. Imaxe de Eugenia Sanmartín que no podcast "Madriña" encarnou a Maria Dominga Tenreiro García
Publica o teu comentario agora