ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Está suficientemente protexido o “primeiro itinerario cultural europeo” fronte aos negocios turísticos e outras explotaciòns económicas? Galiza é punto de chegada das sete rutas históricas de peregrinaxe a Santiago de Compostela. Porén, o máis senlleiro patrimonio cultural galego, internacionalmente recoñecido como patrimonio da Humanidade, é tamén un dos máis ameazados.
O seu territorio histórico, formalmente protexido desde 1962, foi obxecto dunha lexislación insuficiente frente á intensiva explotación turística, á que se lle engadiron outros aproveitamentos vinculados ao desenvolvemento capitalista (concentración parcelaria, infraestruturas xerais, explotacions mineiras, parques eólicos) que deturpan irreversiblemente a autenticidade e integridade do primeiro itinerario cultural mundial.
No contexto dunha crise económica que se engade á tradicional falta de sensibilidade patrimonial dos poderes públicos e privados, a transmisión deste patrimonio cultural ás xeracions futuras obriga á aplicación firme dun marco legal máis coherente. Velaí o desafío do libro "Camiños de Santiago. 50 anos de desprotección patrimonial dun itinerario cultural" de Carlos Amoedo e Teresa Nieto. Publicouno a editorial Nigratea en 2013.
Carlos A. Amoedo Souto é profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña. Especializado en dereito cultural, conta con unha ampla experiencia de asesoramento xurídico e xestión pública. Desde agosto de 2005 até novembro de 2008, desempeñou os cargos de secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia; secretario das Fundacións Cidade da Cultura, Illa de San Simón e Museo do Mar; vocal do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela e secretario do Consorcio Galicia Navega Volta ao Mundo a Vela. Na actualidade, é secretario xeral desta Universidade, e vocal da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico da provincia da Coruña. Tamén é patrono fundador da Fundación Praza Pública, editora do dixital .
Teresa Nieto Freire é arquitecta, funcionaria do corpo especial de arquitectos da Xunta de Galicia, onde desenvolve a súa actividade na protección do patrimonio cultural. Foi xefa da Oficina Técnica do Instituto Galego de Vivenda e Solo, xefa de Servizo de Urbanismo en Pontevedra e subdirectora de Protección da Cidade e dos Camiños de Santiago no período 2006-2009. Foi vicepresidenta do Comité Asesor do Camiño de Santiago e vogal de diversas Comisións de Patrimonio, entre elas da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra e da Subcomisión Xunta-Igrexa. Foi vogal do consello executivo da Axencia de Protección da Legalidade e na actualidade é membro da Sección de Patrimonio Cultural do Consello da Cultura Galega.