ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A multinacional norteamericana Alcoa anuncia a súa intención de pechar as fábricas da Coruña e Avilés. A empresa alega un problema estrutural e deixa na rúa a máis de setecentas persoas. Xa intentou clausurar as duas plantas a finais de 2014. Agora indican que o prezo da enerxia xa non é o principal problema, é un máis. Os traballadores convocan unha primeira manifestación de protesta este sábado ás 11 da mañá na Praza da Palloza da Coruña.
Alcoa recibiu uns mil millóns de euros para rebaixar a súa factura eléctrica na última década. Hoxe abona catro céntimos por quilovatio/hora, cinco menos que o resto da indstria e seis veces menos que os 23 que pagan os fogares. A multinacional norteamericana indica que o prezo da enerxia xa non é o principal problema, pero cala outro dos atrancos: o elevado prezo alcanzado pola alúmina. A materia prima fabricaa o grupo no seu complexo de San Cibrao e llo vende ás plantas da Coruña e Avilés a prezo de mercado. E Alcoa gaña máis que nunca en San Cibrao.
Calendario de protestas
Traballadores de Alcoa na Coruña continuarán hoxe coas protestas contra o peche anunciado da fábrica. A iso, sumarase unha rolda de contactos institucionais, entre os que está confirmado xa o encontro que o venres, ás 11,00 horas, manterán co alcalde, Xulio Ferreiro, segundo informou o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho.
O representante sindical confirmou que aínda non deseñaron un calendario de mobilizacións, aínda que avanzou xa que haberá "peches" de persoal na instalación e concentracións "permanentes" de traballadores ante a fábrica. Por outra banda, ratificou que non saen camións da planta e que unicamente entran "con materia prima".
Publica o teu comentario agora