ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O curso escolar comezou con protestas do profesorado no ensino concertado. Protagonizaron paros parciais entre as 9 e as 12 horas neste primeiro día do curso, como informou Carlos Carrodeguas, presidente da cooperativa da Jorge Juan de Perlío.

Foi maioritario o seguimento dos paros do profesorado do ensino concertado. Reclaman a homologación laboral para un sector que atende ao 30% do alumnado galego. Queren que a Xunta acceda a negociar con eles. Piden melloras salariais e do horario lectivo. No colexio Jorge Juan de Perlío, que ten matriculados este curso 403 alumnos, o seguimento foi case total entre o profesorado de Secundaria. Ademais do paro desprazáronse ata A Coruña para participar na concentración na delegación territorial de Educación.
Publica o teu comentario agora